Friday 03 de May de 2024

Sarandós celebra a conversión da súa antiga pista de baile en centro social


• O Concello investiu 225.000 euros para renovar integralmente o inmoble, situado na antiga pista de baile.

• No acto oficial do trinque, o alcalde descubriu unha placa conmemorativa e destacou que “este espazo, moi demandado polos veciños, aumenta as alternativas para reunións e actividades”.

O Concello de Abegondo realizou onte, sábado 13 de agosto, o acto oficial de inauguración do centro veciñal de Sarandós, situado na antiga pista de baile da parroquia, que foi remodelada para convertela nun espazo social, dando resposta á demanda existente nas parroquias.

No acto, no que se reuniron numerosos veciños e veciñas da zona, o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, descubriu unha placa conmemorativa, e destacou “a importancia de investir en espazos sociais, unha prioridade para o concello”. “Este centro, moi demandado, aumenta as alternativas para reunións e actividades”.

A actuación, que contou cun investimento de 225.000 euros, consistiu na renovación integral do inmoble, que foi adquirido polo Concello, xunto cos terreos, por 15.000 euros, para destinalo a uso veciñal. A súa finalidade foi fixada #de acordo con os veciños da parroquia.

A dependencia veciñal dispón de 400 metros cadrados de superficie. O espazo principal é unha sala diáfana para usos múltiples, de 294 metros cadrados. Ademais, conta cun despacho, un almacén, aseos, un recibidor e vestiarios. Executouse un novo chan, acometidas e saneamento, xanelas, e un sistema de iluminación que permite aumentar a visibilidade. O Concello tamén o dotou de mobiliario e equipamentos.